Agrandar Reducir Reiniciar

    Inicio arrow Socios arrow Estatutos

Setas de la galería

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?

¿Quién está en línea?

Contador

Visitas ayer: 89
Visitas hoy: 58
Total Visitas: 111085
Bots Hoy: 29
Estatutos PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 1
MaloBueno 
Escrito por Administrator   
lunes, 08 de enero de 2007

ESTATUTOS DA AGRUPACIÓN MICOLÓXICA "A ZARROTA" DE VIGO

 

 

CAPÍTULO 1

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

 

Artigo 1. Ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, procedese a adaptación dos estatutos da ASOCIACION denominada AGRUPACION MICOLOXICA A ZARROTA, entidade con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carente de animo de lucro.

 

Artigo 2. Esta asociación foi constituída por tempo indefinido.

 

Artigo 3. A existencia desta asociación ten como fins:

1.   Divulgar a cultura micolóxica popular, para que a recollida de cogomelos se faga cunha elemental base científica que evite erros que poidan ser fatais, e de forma sostida sen poñer en perigo as especies nin os hábitats.

2.   Fomentar hábitos de vida saudables, e un  maior contacto coa natureza, mediante a afección á micoloxía.

3.   Sensibilizar, non só aos afeccionados e amantes da micoloxía, senón a todas as persoas, sobre a necesidade de preservar o noso medio ambiente.

Artigo 4. Para o cumprimento dos seus fins poderá realizar as seguintes actividades:

1.   Organización de actividades socioculturais relacionadas coa micoloxía

2.   Organización de cursos, conferencias e outros actos análogos

3.   Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos, e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.

4.   Calquera outra actividade que a Xunta Directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da asociación.

 

Artigo 5. O domicilio social da asociación radicará na localidade de Vigo, rúa Brasil, n° 46, entrechán, código postal 36204, provincia de Pontevedra, Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais na mesma ou noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva.

 

Artigo 6. O ámbito territorial no cal, a teor dos seus fins, vai realizar fundamentalmente as súas actividades é a comunidade autónoma galega.


 

CAPÍTULO II

 

DOS ASOCIADOS

 

Artigo 7. Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

1.   Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.

2.   Que fagan formalización escrita da integración.

 

Artigo 8. Dentro da asociación poderán coexistir as seguintes clases de asociados/as:

1.   Numerarios, aquelas persoas, que tendo cumpridos os 18 anos, ingresaron na asociación con posterioridade a súa constitución.

2.   Honorarios, que serán aqueles que a xuízo da Asemblea xeral ou da Xunta Directiva, segundo se estableza, se fagan acredores de tal distinción por contribuír de xeito notable á dignificación ou desenvolvemento dos fins da asociación.

3.   Infantís e xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que, no seu caso, estarán integradas na sección infantil.

4.   Asociados/as benefactores.

 

Artigo 9. Os asociados/as numerarios teñen os seguintes dereitos:

1.   Participar nas asembleas con voz e voto.

2.   Poder elixir e ser elixido/a para os cargos directivos.

3.   Tomar parte en cantas actividades organice a asociación no cumprimento dos seus fins.

4.   Gozar de todas as vantaxes e beneficios que poida proporcionar a asociación.

5.   Facerlles suxestións aos membros da Xunta Directiva cara a mellorar o cumprimento dos fins da asociación.

6.   Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.

7.   Aqueloutros que sexan recollidos na lexislación vixente.

 

Artigo 10. Os asociados/as terán as seguintes obrigas:

1.   Asistir ás asembleas xerais.

2.   Satisfacer as cotas que se establezan.

3.   Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.

4.   Prestar cantos servizos determinen os estatutos, o regulamento de réxime interno, no seu caso, e os acordos das asembleas xerais.

5.   Observar unha boa conduta individual e cívica.

6.    Cumprir os acordos da Asemblea xeral e o contido dos estatutos.

7.   0 coidado do mobiliario, libros, instalacións, etc. existentes no domicilio social.

8.   Aqueloutras que se recollan na lexislación vixente.

 

Artigo 11. Os asociados/as honorarios, infantís e xuvenís, e benefactores terán as mesmas obrigas que os/as asociados/as numerarios agás a posibilidade de intervir nos órganos de representación e de dirección da asociación.

Así mesmo, terán idénticos dereitos coa excepción de poder elixir ou ser elixidos para os cargos directivos e poderán asistir ás asembleas xerais con voz pero sen voto.

 

Artigo 12. Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida.

 

Artigo 13. A condición de asociado/a pérdese:

1.   Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, e tralo aboamento das cotas debidas ata ese intre.

2.   Por impado inxustificado de dúas cotas consecutivas.

3.   Por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación.

4.   Por expediente disciplinario.

 

Artigo 14. A expulsión de asociados/as será acordada pola Xunta Directiva, tras audiencia da persoa interesada. En todo caso o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 15. A separación temporal dun/dunha asociado/da pódese producir:

1.Por petición persoal do/da asociado/da por escrito.

2.Polo acordo da Xunta Directiva, ben:

a) por estarse tramitando un expediente sancionador.

      b) por outras causas xustificadas que o aconsellen:

                        - comportamentos que afecten a boa marcha dos fins da asociación

                        - retraso nos pagamentos dalgunha cota.

 

 

 

CAPÍTULO III

 

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 16. 0 goberno e representación da asociación están a cargo dos seguintes órganos:

1. A Asemblea, máximo órgano de goberno.

2. A Xunta Directiva, órgano colexiado en que a asemblea delega o goberno da asociación.

3. 0 Presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a, órganos unipersoais e con funcións de goberno e en representación determinadas polos presentes estatutos.

 

Artigo 17. A Asemblea xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os seus integrantes. 0/A presidente/a e o/a secretario/a serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

 

Artigo 18. A Asemblea xeral reunirase con carácter ordinario unha vez o ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos asociados/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido á Presidencia, autorizado coas sinaturas dos e das solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

 

Artigo 19. A Asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos catro meses seguintes do peche do exercicio.

 

Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 10 días de antelación pola Presidencia da asociación, e deberá ser notificada por escrito no domicilio dos/as asociados/as.

Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da asemblea, así como a orde do día con expresión concreta dos temas para tratar e os anexos que procedan. Tamén haberá de sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda convocatoria poida mediar un prazo inferior a media hora.

 

Artigo 20. Para que as asembleas poidan tomar acordos, estarán integradas polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total de asociados/as na primeira convocatoria ou con calquera número de asociados/as asistentes na segunda convocatoria.

 

Artigo 21. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos, non serán computables os votos en branco nin as abstencións.

Será precisa a maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:

1.   Ratificar a expulsión das e dos asociados por proposta da Xunta Directiva

2.   Aprobar a federación con outras asociacións.

3.   Solicitar a declaración de utilidade Pública.

 

Artigo 22. Son competencias da Asemblea xeral ordinaria:

1.   Aprobar o plan de actividades proposto pola Xunta Directiva.

2.   Examinar e aprobar a memoria de actividades.

3.   Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.

4.   Aprobar o orzamento proposto pola Xunta Directiva.

5.   Aprobar o Regulamento de réxime interno da asociación.

6.   Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.

7.   Acordar a remuneración, de ser o caso, dos membros dos órganos de representación.

8.   Elixir os integrantes da Xunta Directiva.

9.   As demais que resulten dos estatutos e que non estean expresamente conferidas á Asemblea xeral extraordinaria ou a Xunta Directiva.

 

Artigo 23. Son competencias da asemblea xeral extraordinaria:

1.   Modificar os estatutos da asociación.

2.   Disolver a asociación e nomear os liquidadores.

3.   Aprobar a federación con outras asociacións.

4.   Ratificar a expulsión de asociados/das a proposta da Xunta Directiva.

5.   Solicitar a declaración de utilidade pública.

6.   Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.

 

Artigo 24. Os acordos adoptados conforme cos preceptos anteriores obrigarán a todos e todas os asociados/as, mesmo aos non asistentes.

As sesións comezarán coa lectura por parte do/a secretario/a da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. A continuación comunicará a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que corresponda, procedéndose á súa aprobación nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia que se trate. Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día abrirase, se así o considera oportuno o/a presidente/a ou o solicitan un 10% dos asociados/as inscritos no libro de membros, a quenda de preguntas e suxestións. Concluído este punto, o/a presidente/a dará por rematada a sesión.

 

Artigo 25. Poderase recorrer contra os acordos que vaian contra destes estatutos ou infrinxan os fins da asociación en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución deste recurso quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 26. A asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta por: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e, de ser o caso, vocais.

Todas as persoas que compoñen a Xunta Directiva deberán ser asociados/as, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva non serán remuneradas, sen prexuízos do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados. Os cargos deberán ser designados e revocados pola asemblea xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos e poderán ser reelixidos.

 

Artigo 27. Os cargos da Xunta Directiva cesarán na súa función polas seguintes causas:

1.   Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.

2.   Por expiración do mandato.

3.   Por incumprimento das obrigas que tiña encomendadas.

Nos casos 1) e 2) continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a

aceptación de quen os substitúa.

 

Artigo 28. A Xunta Directiva reunirase semestralmente con carácter ordinario, e con carácter extraordinario cantas veces o determine a Presidencia ou por petición de calquera dos seus membros.

A convocatoria realizarase como mínimo con tres días de antelación mediante citación persoal na que se recollerá a orde do día.

Realizada a convocatoria, a Xunta quedará constituída coa asistencia da metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, o voto do/a presidente/a será de calidade.

 

Artigo 29. As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da asemblea xeral. En particular son facultades da Xunta directiva:

1.   Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.

2.   Executar os acordos da asemblea xeral.

3.   Convocar as asembleas xerais.

4.   Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o programa de actuación, así como a memoria de xestión correspondente.

5.   Formular e someter á aprobación da Asemblea xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas do exercicio pechado.

6.     Resolver sobre a admisión de novos asociados/as.

7.   Crear comisións de traballo co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos e actividades ou solicitar delas informacións necesarias. Ao cargo destas comisións designarase un membro da Xunta Directiva.

8.   Nomear delegados para determinadas actividades da asociación.

9.   Interpretar os estatutos e o Regulamento de réxime interno e velar polo seu cumprimento.

10. Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asemblea xeral.

 

Artigo 30. A Presidencia da Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1.   Presidir e dar por rematadas as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea xeral, dirixir as deliberacións unha e doutra, e decidir con voto de calidade en caso de empate.

2.   Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.

3.   Ordenar pagamentos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia.

4.   Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

 

Artigo 31. 0/A presidente/a será asistido nas súas funcións por un/unha vicepresidente/a, que ademais, substituirao/a nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

 

Artigo 32. 0/A secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o \ ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente/a. Deberá tamén cumprir as obrigas documentais nos termos que legalmente se establezan.

 

Artigo 33. O tesoureiro/a exerce a dirección dos traballos de xestión económica da asociación, a custodia e levanza dos libros de contabilidade e os inventarios, así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances. Deberá preparar os orzamentos, as contas anuais e os balances perante a Xunta.

Directiva e a Asemblea xeral, así como dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a presidente/a.

 

Artigo 34. Os/as vocais no número que determine a Asemblea xeral terán as seguintes atribucións:

1.   Realizar programas e propostas na súa área de actuación. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

 

CAPÍTULO IV

 

RÉXIME ECONÓMICO

 

Artigo 35. A asociación como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderá distribuír os recursos obtidos entre os/as asociados/as, senón que, deberán destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos seus fins.

 

Artigo 36. O patrimonio da asociación no momento da adaptación dos estatutos é de 3000 euros.

 

Artigo 37. 0 exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. Así, o seu orzamento será anual e deberá ser aprobado pola asemblea xeral ordinaria do exercicio económico que corresponda e a liquidación do orzamento terase que presentar necesariamente, na asemblea xeral ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.

 

Artigo 38. Anualmente e con referencia ao derradeiro día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e o balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as durante un prazo no inferior a 10 días do día sinalado para a Asemblea xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

 

Artigo 39. Os recursos económicos dos que dispón a asociación para o cumprimento

dos seus fins son:

1..  As cotas periódicas dos/as asociados/as.

2.   As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e que sexan aprobadas pola Asemblea xeral.

3.   As doazóns ou subvencións que poidan conceder os organismos públicos, entidades privadas ou particulares.

4.   Ou a ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación, agás aqueles que deriven de actividades desenvolvidas por un ou varios asociados e non pola asociación no seu conxunto,

5.   Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 

Artigo 40. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde asociación os ten depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que corresponden ao/á presidente/a, e o/a tesoureiro/a, para o seu emprego conxunto.

 

CAPÍTULOV

 

DO REGULAMENTO INTERNO

 

Artigo 41. O regulamento de réxime interno, de ser o caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, e non poderán ir en ningún caso en contra do estipulado neles.

 

 

CAPÍTULO VI

 

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 42. Os presentes estatutos poderán ser modificados por proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos asociados/as:

A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera asociado/a poida dirixirlle á Secretaría as propostas ou emendas que considere oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días a súa realización.

 

Artigo 43. Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable de 2/3 dos membros da Asemblea xeral de asociados/as.

 

Artigo 44. A asociación disolverase polas seguintes

1. Pola vontade das 2/3 partes dos asociados/as.

2. Por outras causas determinadas legalmente.

3. Por sentencia xudicial.

 

Artigo 45. Acordada a disolución, a Asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto ao/á presidente/a e o/a tesoureiro/a, procederan a efectuara a liquidación  dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

O haber resultante, unha vez efectuada  a liquidación, doaráselle a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma, e que teña os mesmos ou similares fins.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

En todo canto non estea previsto nos presentes estatutos aplicarase a vixente Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as disposicións complementarias.

 
< Anterior   Siguiente >
A Zarrota by A.E.S.