Agrandar Reducir Reiniciar

    Inicio arrow Artículos arrow COLLIBIA TUBEROSA

Setas de la galería

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?

¿Quién está en línea?

Contador

Visitas ayer: 89
Visitas hoy: 58
Total Visitas: 111085
Bots Hoy: 30
COLLIBIA TUBEROSA PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 8
MaloBueno 
Escrito por Martín Souto Souto   
martes, 18 de septiembre de 2007

Este ar´ticulo me lo mandó hace tiempo su autor, Martín Souto Souto, y creo que es bueno que esté aquí para disfrute de todos los amantes de la micología.

 

Moitas das pequenas setas, son ignoradas pola maioria dos micologos, pero e precisamente dentro deste grupo onde atoparemos os ejemplares mais curiosos e a mayor diversidade . Os buscadores minuciosos poderan descubrir este pequeno mundo inesgotable  de formas e cores .

Neste artículo imos describir duas especies de Collybias que poseen unha morfoloxia caracteristica.

                                                      Collybia tuberosa (Bull.:Fr.) Kummer 

           Cogumelo de cor blanca moi común, pero pasado por alto debido o seu pequeno tamaño. Crece a miudo sobre restos de setas vellas, como Agaricus, Russulas, Hydnum ou Boletus, e difícil saber de que xénero se trata xa que soen estar en avanzado estado de descomposición. Non esta probado que actúen como parásitos mentras a seta ainda esta viva (micoparásitos). 

         Poseen un esclerocio na base do estipe de cor marrón oscuro e forma alargada 3-12 x2-5 mm. sólido e de cor blanca no interior, pero que se vai arrugando ca idade.

Pileocistidios ausentes e queilocistidios presentes, o contrario que C. cookei.

Esta especie encontramola en novembro de ano 2002, na área recreativa de San Xoan (Guitiriz) nun pinar de Pinus radiata vivindo entre densas matas de musgos; o recollela con coidado observamos os pequenos tubérculos que colgaban do pe, chamaron a nosa atención e permitiron a sua correcta identificación, de ahí  o interes que todo micologo ten en arrancar os cogumelos para non perder ningún carácter morfológico.

  Dendrocollybia racemosa (Pers.:Fr.) Redhead & Petersen (=Collybia racemosa (Persoon: Fries) Quélet) 

  Sombreiro de 0,7-1,5 cm de diámetro, ampliamente cónico, que se converte, en plano-convexo e umbonado levemente; (nalgunhs especímenes o sombreiro pode estar reducido ou ausente); cor marrón grisaceo, glabro, máis pálido cara a marxe, a veces débilmente dividido en zonas, olor non distintivo.

Estipe 4-6 cm de longo; superficie de cor bronce-marrón pruinosa, presenta unhas curiosas prolongacions laterais cortas coas extremidades hinchadas que se proxectan dous tercios máis abaixo do sombreiro (conidioforos), por onde producen esporas asexuais (conidias); Nalgunhs especímens a reproducción asexual predomina co sombreiro reducido en gran medida ou ausente. O estípite a miudo aparece soterrado no substrato, unido a un esclerocio negro.

Esporas sexuais 4,0-4,5 x 2,0-2,5 µm, elipsoides, de cor blanca, de paredes delgadas, hilar visible, non-amiloides. Las esporas asexuales 10,0-15,5 x 3-4  µm, estreitas elipsoides a oblongas, non-amiloides.Solitarias u en grupos pequenos que crecen sobre restos de setas ou madeira de coníferas en descomposición. Fructifican en pleno inverno.

Encontrei esta especie en novembro de ano 2000, Cardezo (Ponteceso), baixo un pinar de Pinus pinaster a beira do rio Anllons, formando pequenas colonias entre o arume dos pinos.

 

Estas setas caracterizanse por producir esclerocios, corpos perdurantes formados por unha masa endurecida de hifas que se agrupan densamente sobretodo na  periferia formando un pseudoparenquima a base de divisions transversais. Estas estructuras de resistencia permiten os fungos pasar baixo terra a época desfavorable e pasado este tempo de repouso desenrrolan os basidiocarpos directamente, son mais comúns en ascomicetes; en basidiomicetes e unha estratexia rara que se pode observar nestas Collybias, en Collybia fusipes, e no xénero Typhula entre outros.

As Collybias formadoras de tuberculos según os estudios de Antonin & Noordeloos, abarcan catro especies: C. Racemosa , C. Tuberosa, C. Cirrhata (Pers.) Quélet (sen esclerocios) e C. Cookei (Bres.) Arnold , as tres últimas teñen unha morfoloxía similar e distinguense sobre todo pola presencia ou ausencia e pola cor do esclerocio. As catro teñen un hábitat común e único. Reconstruccions filoxenéticas usando marcadores xeneticos (RFLP), demostran que cada  un dos DNA corresponde cunha especie morfolóxica, C. Tuberosa, C. Cirrhata e C. Cookei  forman  un grupo máis grande monofilético, mentras que C. Racemosa posee una secuencia  altamente diverxente para a que se  propuso un xénero separado co nome de Dendrocollybia.

    

          

 
< Anterior   Siguiente >
A Zarrota by A.E.S.